Presentación de "La Marea" en Ferrol

Manuel París.- Na tarde de onte tivo lugar na Libraría Limiar de Ferrol a presentación do proxecto editorial La Marea, editado por MásPúblico, unha cooperativa xornalística fundada íntegramente por ex traballadores da edición en papel do diario Público. Tras imprimirse o último exemplar de Público, o 23 de febreiro de 2012, os seus donos botaron á rúa ao 85% dos traballadores. A diferenza doutros medios, en MásPúblico ninguén traballa gratis. As tarifas por artigos e fotografías están consensuadas con colexios e asociacións de xornalistas. A defensa nas nosas páxinas do traballo digno é incompatible con ter empregados escravizados.

La Marea pretende facer un xornalismo libre de intereses empresariais e políticos, de masas e fiel aos principios que, durante cinco anos, defendeu nas páxinas de Público. Para evitar os erros que fixeron fracasar o proxecto, apostaron por crear unha cooperativa de traballadores e usuarios, na que estes últimos terán un papel activo. A fórmula -inédita no Estado español  e inspirada no éxito do diario alemán Taz- permite desvincular o diario de intereses empresariais e políticos, ao contar cunha base financeira independente creada por miles de socios e lectores.

Unha serie de conceptos inspiran os seus principios éticos: liberdade, igualdade, laicidade, defensa do público, economía xusta, memoria histórica, movementos sociais, traballo digno, medio ambiente, república, vivenda digna e cultura libre. O lanzamento de La Marea e MásPúblico foi posible grazas a máis de 500 persoas que contribuíron económicamente a través dun proxecto de microfinanciación ou que entraron a formar parte da cooperativa en calidade de socios usuarios. 

Antes de lanzar La Marea, a cooperativa publicou dous números especiais en papel. O primeiro, con motivo do aniversario do 15-M e o segundo, o pasado mes de xuño, para explicar as consecuencias do rescate á banca española. 

11 de xan. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión