Alborada para Rosalía

Redacción.-

A Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz, organiza o día 24 de febreiro unha Alborada por Rosalía de Castro, conmemorando o día do seu nacemento e máis o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O acto, consistente nunha actuación musical e un recitado de poemas, comezará ás 13:30 na rúa das Canteiras, 55 e continuará ás 14:00 na rúa Castelao, 9 en Parga (Guitiriz), lugares onde dona Gala, filla de Rosalía, pasou algún verán.

Con esta iniciativa Xermolos súmase aos actos organizados desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos, facendo un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra. Invitando aos gaiteiros de toda Galicia a participar e aos que non o sexan a difundilo facendo fotos ou vídeos para subir á rede.

Os interesados teñen aquí toda a información e instruccións para facelo.


21/02/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión