Hoxe preséntase 'Poética da viaxe'

Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba organiza hoxe xoves, 7 de febreiro de 2013, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro de Xosé Otero Canto Poética da viaxe (Doce horas de poesía), editado polo propio IESCHA co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo (Área de Cultura).

O acto contará coa participación de CAMILO GÓMEZ TORRES, Profesor, escritor e Doutor en Filoloxía; XOSÉ LUÍS VÁZQUEZ SOMOZA, Profesor, escritor e Director do IES "Lucus Augusti", e MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA, presidente do IESCHA.

A presentación estará amenizada polo saxofonista FRAN CUPEIRO que interpretará temas clásicos do jazz de mediados do S. XX.

Esta nova publicación do IESCHA forma parte da colección Biblioteca Chairega co número 20.
Como explica o autor ao comezo do libro, “Bernardo García Cendán era a persoa que tiña a encomenda de escribir o prólogo deste poemario, mais o destino non o quixo"... Non obstante, si quixo o autor incluír “a xeito de limiar” a fermosa carta de felicitación de Bernardo aos seus amigos no Nadal de 2011. 
 
Os poemas que compoñen o libro distri-búense en tres capítulos que se corresponden cos tres medios de transporte utilizados polo autor nunha viaxe por Europa:

1.-VIAXE EN AUTOBÚS LUGO-MADRID (28-10-2010 Noite de Luz)
2.-VIAXE EN TREN KRAKÓW-WARSZAWA (31-10-2010 Nas entrañas feras da noite)
3.-VIAXE EN AVIÓN WARSZAWA-MADRID (3-11-2010 No branco silencio)


07/02/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión