O gaiteiro de Santaballa


Redacción.-

A escola da Liga Santaballesa acollerá o vindeiro sábado 23 de febreiro, a partir das sete da tarde, a presentación da "Escolma do libro de Caetano Arias López. O Gaiteiro de Santaballa", de Carme Pernas e José Manuel Bermúdez Arias.

A presentación desta escolma sobre o poeta popular e un dos gaiteiros máis soados na primeira metade do século pasado dará comezo ás sete do serán e contará cun recital poético e a actuación dun gaiteiro de sona.

21/02/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión