Loly Bolay

Ramón Chao.-

Filla dun mestre republicano represaliado polo franquismo como tantos outros, nada en Corme (A Coruña), Loly marchou aos 17 anos coa a sua irmá a Xenebra en 1968. As dúas aprenderon francés, e Loly púxose a traballar en institucións bancarias. De ahí salta á política da man do Partido Socilista, conseguindo un escano de deputada.

Desde o 15 de novembro pasado excerce de presidenta do Gran Consello do Cantón de Xenebra. É a española que màis lonxe chegou no escalafón político helvético. “Nada menos que a primeira ciudadá da República”, aclara con humor.

Agora gostarialle practicar a política en España. Para iso, o seu partido tería que elaborar un proxecto de lei para que os emigrantes españois teñamos unha representación no parlamento. Non hai que desesperar.

02/03/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión