Sextina a Humberto Baena Alonso (Piter)

Vicente Piñeiro.-

Membro do Partido Comunista Marxista Leninista e do FRAP, fusilado polos franquistas en 1975.

Fila un: no banquiño senta o preso,
hai fiscais, avogados mais un xuíz.
Os fascistas vestían cunha toga
para impoñerlle a Piter unha pena,
que era un comunista, non hai erro,
que había que matar, el era un mozo.

E tiñan que matar a aquel mozo,
e tiñan que matalo a aquel preso,
ó inocente aquel, non había erro.
Metédeo na prisión, mandou o xuíz,
a ese mozo de Vigo, a pagar pena,
e os fascistas loaban ó da toga.

Foron doentes ó xuízo os da toga,
a condenar a morte a aquel mozo,
a aquel comunista a pagar pena,
ó mozo aquel de Vigo, aquel preso.
É culpábel, culpábel, dixo o xuíz,
o inocente aquel, que era sen erro.

Torturárono a morte, non hai erro,
os homes do Conesa e os da toga.
Cargádelle a el a culpa, dixo o xuíz,
é un comunista, torturade o mozo,
que está en Carabanchel, alí é preso,
que empece a pagar xa a súa pena.

E chorou de impotencia, pagou pena,
mil tormentos sufriu, foi por un erro
da xustiza franquista, aquel preso,
que o quixeron matar eses da toga,
fusilado inocente e era un mozo.
Por Deus e pola patria, dixo o xuíz.

Coa democracia se indultou ó xuíz,
non lle indultou a Piter a súa pena,
indultou á Falanxe, non ó mozo,
ó mozo comunista, non hai erro.
Prendede a Garzón, quitarlle a toga,
di a falanxe: queremos velo preso.

Matade a ese preso, dixo o xuíz,
é culpábel, sen erro, pague a pena,
sentenciou o da toga a aquel mozo.

6 de mar. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión