Canción a miña nai

Canción a miña nai (o día do seu cumpre anos)


Miríam Fernández Piñeiro.-

Mil rosas pola mañá,
cen caricias ao espertar,
dez cancións ao teu oído,
es tan bela coma o mar.

Di, como tes eses ollos,
esa dozura ao falar?
Dime coma conseguiches
esas perfeccións, mamá?

Ti, pequena sereniña,
es meu poema e meu mar,
ti que en min vives moi dentro,
ti, sereniña do mar.

En ti ás veces me perdo,
eu sen ti non sei medrar,
naiciña, sen ti non vivo,
coma a terra sen o mar.

Ti que sempre voas alto,
ata o ceo has chegar.
Ti que sempre me quixeches,
eu morro senón estás.

Ás veces malos momentos,
ás veces, che vin pasar.
Ti, que me deches a vida,
miña naiciña, meu lar.

Que sexas feliz naiciña
nun día tan especial,
pasa o tempo e os días
e sempre te vexo igual.

Un cariño e un sorriso,
ao teu ser, á túa bondade,
a ti, á naiciña máis boa,
segue sendo realidade…

01/04/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión