Chamamento dos editores


Redacción.-

A Asociación Galega de Editores realiza un chamamento social a favor do libro e fai pública a súa axenda estratéxica. Co gallo da celebración do 23 de abril Día do Libro, a Asociación Galega de Editores acordou realizar un chamamento social a favor do libro e a lectura, co fin de que se recoñeza social epolíticamente o papel trascendental que o libro e a lectura teñen no desenvolvemento das persoas dos países. Por ese motivo a entidade que representa aos editores galegos fai público o seudocumento estratéxico e elaborou un decálogo de 10 medidas que resume as reinvindicacións do sector diante das administracións. As institucións públicas teñen a obriga constitucional e estatutariade protexer os bens culturais e as industrias que fan posible que eses bens se difundan entre a cidadanía.

A UNESCO celebra este ano os libros, a tradución, a lectura e os dereitos de autor, co obxectivo fundamental de promover a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual a través dos dereitos de autor. Irina Bokova, Directora Xeral desa institución mundial, sinalou ademais que «a tradución é o primeiro paso para o achegamento dos pobos e tamén unha tarefa de desensismamento que ensina a diversidade e o diálogo. A tradución é un dos motores da nosa diversidade creadora que enriquece cada idioma ó poñelo en contacto con todos os demais». Os editores galegos defenden a necesidade de que se incrementen as axudas á tradución e que se difunda a súa existencia a nivel internacional, co fin de participar no intercambio e difusión das obras escritas en galego e traducidas a outras linguas e das traducións para o galego de obras escritas noutras linguas.

O texto do chamamento pode lerse aquí.

Ler tamén o documento estratéxico da AGE.

21/04/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión