Máis movilizacións contra as preferentes


Redacción.-

A plataforma de afectados pola adquisición de produtos toxicos en Novagalicia Banco na Terra Chá convoca nesta semana dúas manifestacións reclamando a devolución dos seus aforros. Terán lugar mañá martes 16 e o venres 19 diante das oficinas de Novagalicia Banco en Villalba. As reunións semanais desta plataforma seguirán sendo ao 20.00 pero o lugar de celebración será no salón de actos da biblioteca municipal de Vilalba.

Por outra banda, o vindeiro sábado organizásese unha macro manifestación en Vigo con participación de afectados de toda Galicia, desde a plataforma TERRA CHA ofrécese a posibilidade de asistir pondo un autobús a disposición dos afectados que desexen viaxar, a saída será ás 7.45 da mañá e a viaxe será gratuíto.

15/04/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión