O Programa SACRE en Galicia

Redacción.-

O vindeiro domingo 7 de abril no C.E.N “Casa das Insuas” de Rábade (Lugo), desenvolverase ás 9:00 h. o cursiño "O Programa SACRE en Galicia: iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto"


O cursiño, que inclúe sesión teórica e sesión práctica, é gratituito e está aberto a todas as persoas interesadas nas aves ainda que especialmente dirixido aos colaboradores do programa SACRE.

Este curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves mediante o oído. Ademáis, falaremos sobre os obxectivos deste programa e sobre os fundamentos da metodoloxía de traballo. Finalmente, faremos unha práctica de campo de recollida de datos e identificación de aves.


Inscripción: sacre@sgosgo.org
Organiza: SGO
Lugar: Centro de Conservación e Estudo da Natureza"Casa das Ínsuas"
Enderezo: R/ José Pardo y Pardo Montenegro, Rábade (Lugo)
Localidade: Rábade (Lugo)
Hora: 09:00 Sesión teórica; 10:00 Sesión práctica

03/04/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión