O vendedor de seguros

Lucas Domínguez.-

Baixo aquel tupido cabelo loiro, uns ollos azuis mentireiros, un par de meixelas ben encarnadas debido aos rigores dunha garabata apertada de máis para cumprir coas formalidades, e unha lingua digna do presentador do mellor espectáculo circense, comezaron unha exhibición que adoptaba tódolos estándares das mellores leccións de ventas.

Toda aquela verborrea non tería nada de extraordinario se non fose por aquela preparada oración que daba continuación ao engado colectivo: “como sabedes todos, a sanidade pública aquí en Irlanda non funciona tan ben coma noutros países…”

Tras aquela xenial táctica de marketing comparativo, pouco importaron as estatísticas sobre accidentes laborais ou cotiás, a flexibilidade das coberturas ofertadas, a manchea de centros hospitalarios participantes e o resto de infinitas bondades dun seguro medico privado que, naquela altura, xa se presumía absolutamente necesario.

Todos os participantes fomos, un tras doutro, dando o noso fiel “si quero”. Comparamos outros lugares e outros tempos e fixemos nosas verbas de poeta urbano ao sentenciar que, no amor -ou na saúde- nada se bota de menos ata que se perde.

3 de abr. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión