Premio para Galicia Encantada


Redacción.-

O xurado da edición XXII dos Premios Irmandade do Libro que convoca cada ano a Federación de Libreiros de Galicia, acordou por unanimidade conceder o Premio Irmandade do Libro 2013, modalidade de Fomento á Lectura ao proxecto de Galicia Encantada.

O acto de entrega tivo lugar o sábado, 20 de abril de 2013, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos.
O recoñecemento foi concedido “en virtude da gran dinamización realizada a nivel social da tradición oral galega, por manter vivo o mundo mítico galego, contando cun amplo apoio bibliográfico, polos contidos continuamente actualizados, por converterse nunha fonte de referencia para os centros de ensino, por divulgar o patrimonio cultural galego, por servir de medio de recolección de diferentes historias, polo rigor e a capacidade de investigación, por ser precursora na sistematización da memoria mítica galega”.

No resto de modalidades, os premios desta edición foron foron para:
Libro do ano 2012: A noite branca, de Francisco Fernández Naval.
Obra editorial do ano 2012: Colección Guías da natureza, de Baía Edicións.
Libraría: Librería Kómic, de Santiago de Compostela.
Centro de Ensino: CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra)
Autor/autora do ano: Mª Xosé Queizán.
Premio especial: Antonio Fernández Maira.

23/04/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión