XIX Feira do queixo de San Simón da Costa


Redacción.-

Celebrouse esta fin de semana en Vilalba a XIX Feira do queixo de San Simón da Costa.

O sábado 6 de Abril os actos da xornada comezaron na Praza dá Constitución coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas o que permitiu aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Pola tarde, a partir das 17.30 horas non faltaron os pasarrúas a cargo de grupos folclóricos.

Ás 18.00 horas procedeuse á entrega de premios do III Concurso de Carteis e do Concurso de Tapas, con sorteo de agasallos da "Ruta do Tapeo", e despois foi a quenda para a lectura do pregón a cargo de D. Leandro Seixas, escultor.

O Domingo día 7 ás 10.00 horas abriuse do recinto feiral na Praza dá Constitución. A partir das 11.00 horas, os pasarrúas percorreron as rúas do municipio cando o tempo o permitiu.

8 de abr. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión