Curso de Micoloxía en "Terras do Miño"



Redacción.-

O sábado 11 de maio de 2013 a partires das 11:00 horas terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño (xunto ao Restaurante do Río Rato), no Paseo do Río Rato de Lugo o "Curso de Micoloxía" e unha exposición de cogomelos co seguinte programa:

-11'00 a 12'15 - Introdución á Micoloxía: Conceptos básicos e criterios de identificación. Principais especies comestibles e tóxicas.

-12'30 a 14'00 - Saída ao campo para primeiro contacto e estudo dos cogomelos no seu hábitat.

-16'00 a 19'00 - Saída ao campo: estudo e recollida de exemplares de cogomelos.

Profesor: Julián Alonso Díaz. Presidente da SMLucus.
Coa colaboración de membros da SMLucus

Inscrición:
A Deputación de Lugo está a xestionar as inscricións para este curso, polo que deben facerse na web da propia Deputación, elixindo como actividade a que pon: "11 e 12 de maio: Curso de micoloxía, organizado en colaboración coa Asociación micolóxica Lucus" e cubrindo os datos que solicita. Podes acceder nesta ligazón:

Acceder ao formulario de inscrición

Prezo: Esta actividade é gratuíta

Nota importante: Aínda que na web da Deputación pon como datas do curso o 11 e 12 de maio, o curso desenvolverase na súa totalidade únicamente o sábado día 11, quedando montada unha exposición cos cogomelos atopados que poderá visitarse o domingo día 12

Organiza:
SOCIEDADE MICOLÓXICA LUCUS
Casa das Asociacións, local cero. Parque da Milagrosa.
27003 LUGO
676750812; info@smlucus.org
www.smlucus.org; www.facebook.com/smlucus

08/05/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión