Gabriel Tembras Campión de Europa FS


Redacción.-

O deportista da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba, Gabriel Tembras Corrales, vén de proclamarse Campión de Europa no Campionato que se está a celebrar estes días 30 de abril, 1 e 2 de Maio en Alacante. Gabriel Tembras participaba na categoría cadete (12/17 anos) na modalidade Free Style consistente en combinacións técnicas coreografiadas con música e acrobacias.

Este mesmo deportista proclamouse recentemente Campión de España no Campionato de Pumses na categoría cadete. Trátase dun deportista de tan só once anos que no pasado ano xa se proclamara Campión de España na categoría alevín.

01/05/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión