Preséntase 'Crise e fracaso da UE neoliberal'


Redacción.-

Hoxe xoves 02 de maio preséntase ás 18:30 h na Feira do Libro de Santiago de Compostela, no Paseo Central da Alameda o libro Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, de Xavier Vence. O acto contará coa presenza do autor e máis de Xesús Veiga Buxán, presidente da Fundación Galiza Sempre.

Editado pola Fundación Galiza Sempre o libro analiza, entre outros asuntos, o grao de converxencia e diverxencia económica na UE, as consecuencias da desregulación do sector financeiro e a política de competencia, rematando con propostas para unha outra Europa.

Xavier Vence Deza, Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, afirma na introdución que “a incapacidade da UE para dominar a actual crise financeira e de débeda é o fracaso dunha forma de construír a UE e o euro sobre a base duns principios en exceso neoliberais e, tamén, o fracaso dunhas políticas de resposta á crise igualmente guiadas ou asentadas sobre diagnósticos e estratexias netamente neoliberais".

02/05/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión