I Concurso de fotografía Terra Chá

Redacción.-

O Instituto de Estudos Chairegos convoca o I Concurso de fotografía Terra Chá 2013 coas seguintes bases de participación:

1. Participantes
Poderá participar calquera persoa física sen ningún tipo de exclusión.
O Instituto de Estudos Chairegos entende que os participantes menores de idade contan para concursaren coa autorización de seus pais ou titores.
2. Obras
Cada participante poderá presentar até un máximo de 3 fotos, acompañadas dun título e información do lugar fotografado e data na que foi feita, así como os datos do/a autor/a (nome, apelidos, lugar de residencia e teléfono de contacto).
Só se admitirán imaxes en formato JPG cun peso entre 1 e 5 Mb.
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, no se tendo difundido ou reproducido previamente en soporte ou medio algún (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.).
As fotografías non se poden cambiar electrónicamente ou por calquera outro medio. As fotomontaxes non serán aceptadas. Permitiranse correccións mínimas de cor e brillo.
Os traballos han ser individuais.
As fotografías terán como tema “Paisaxes da Terra Chá (rural ou urbana)”.
O Instituto de Estudos Chairegos entende que os autores de traballos que inclúan imaxes de menores contan coa autorización expresa dos pais ou titores dos mesmos.
3. Modo de participación.
O prazo de participación estará aberto entre o 1 eo 30 de xuño de 2013, ambos os dous incluídos.
Os participantes enviarán as súas fotografías por correo electrónico ao enderezo: info@iescha.org, incluíndo na mensaxe os datos citados no parágrafo primeiro do punto 2.
A participación no concurso implica a total aceptación do disposto nas presentes bases, reservándose o Instituto de Estudos Chairegos o dereito de excluír do certame os traballos que non se ateñan ás mesmas.
O Instituto de Estudos Chairegos decidirá en todo caso sobre calquera aspecto non previsto nestas bases, así como resérvase o dereito a modificar, interrumpir ou suspender este concurso por causas xustificadas ou que contraveñan o espíritu dos concursos, sen que elo poda derivar responsabilidade algunha para o convocante.
4. Criterios e procedemento.
O ditame do xurado será inapelábel e farase público na páxina web do IESCHA e na súa canle de Facebook na 1ª quincena do mes de xullo de 2013.
Finalizado o prazo de presentación das fotografías, o xurado reunirase para decidir os tres traballos gañadores.
O xurado resérvase a facultade de declarar desertos os premios así como de establecer menciones honoríficas ou premios ex aequo.
Os criterios de selección primarán aqueles traballos que mellor ilustren o tema do concurso, así como a orixinalidade, creatividade e innovación das fotografías, e os seus valores estéticos.
5. Xurado.
O xurado estará formado por 3 persoas propostas polo Instituto de Estudos Chairegos.
6. Premios
Establécense os seguintes premios:
o 1º Premio, dotado con 300 €
o 2º Premio, dotado con 200 €
o 3º Premio, dotado con 100 €
A entrega de premios será notificada a través dos mass media e da páxina web e Facebock do IESCHA. Non obstante os gañadores recibirán por correo electrónico ou teléfono a correspondente comunicación.
En caso de que resulte imposible poñerse en contacto con algún dos gañadores nun prazo de 10 días a contar dende o día da publicación do fallo do Xurado, o premio ou premios correspondentes pasarán á seguinte ou seguintes fotografías máis votadas. Os premios non serán acumulables.
As fotografías presentadas ao concurso quedarán en propiedade do Instituto de Estudos Chairegos, que poderá reproducilas en calquera medio e ou soporte, polo que o participante declara que o IESCHA é o único propietario de todos os dereitos de autor da fotografía enviada ao concurso e asume total responsabilidade de que non existen dereitos de terceiros nos traballos presentados, así como todas as reivindicacións de terceiros para os dereitos imaxe.
Coas imaxes presentadas ao concurso poderá facerse así mesmo unha exposición temporal.
Os datos personais recabados formarán parte dunha base de datos de titularidade do IESCHA. Como responsable do ficheiro, o IESCHA garantiza o cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal. Os concursantes podrán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose mediante correo electrónico a info@ierscha.org, xuntando copia do seu DNI/NIE.


04/06/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión