Jose Afonso en Galicia

Redacción.-

Na 1ª semana de Xuño, a Asociación José Afonso –AJA– iniciará unha serie de presentacións en diversas cidades e localidades galegas.

A finalidade da AJA é a posta en valor e difusión da importante obra musical e cultural do autor de Grândola e dar testemuña do seu exemplo solidario e de compromiso social. Zeca Afonso dicía que non se sentía xustificado como cantor se non estivese xustificado, sempre, como cidadán do mundo. Tamén é ben conhecida a súa relación con Galiza, onde se sentía como na súa casa, e o seu interese polo noso idioma e cultura, que teimou en defender publicamente, e, asemade, declarando a necesidade dum intercambio cultural entre a Galiza e Portugal.

Por todo iso, a AJA decidiu na Assembleia Geral de 2011 nomear un directivo galego e estabelecer unha ponte cultural estábel que favoreza a presenza da obra de José Afonso e o devandito intercambio cultural.

A presentación da AJA consistirá nunha proxección dum curto documental sobre Jose Afonso e unha mesa redonda, seguida de colóquio, na que participarán, nalgumas sessões:

PAULO ESPERANÇA, vice-presidente da AJA

JUDITE ALMEIDA e JOANA AFONSO, do núcleo do norte da AJA

XICO DE CARINHO, músico e directivo galego da AJA

E, para finalizar, abrirase unha roda de intervencións poético-musicais sobre temas de José Afonso, de libre participación


SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mércores, día 5 às 19 h. Salón de Actos da Facultade de Filosofía. (Praza Mazarelos,s/n).
Organiza S.C. Na Virada/AJA. Colabora Vicerrectorado de Estudantes, Cultura e Formación contínua e Facultade de Filosofía de Santiago.

GONDOMAR
Xoves, día 6 às 20h 30 m. Aula de Cultura Ponte de Rosas – Sede do Instituto de Estudos Minhoranos- (Avda. da Feira,10 Baixo).
Organiza: Instituto de Estudos Miñoranos/AJA

VIGO
Venres, día 7 ás 21 h.. Espazo Cultural Negra Sombra-café Uf- R.Placer, 19)
Organiza S.C. Na Virada/AJA

BUEU
Sábado, día 8 ás 20h. Sala de exposicións Amelia Domínguez Búa, (R.Eduardo Vicenti, 2)
Organiza: S.C. Na Virada/AJA. Colabora: Concellería Cultura do Concello de Bueu.

2 de xuño de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión