Exposición Vidal Bolaño en Vilagarcía

Redacción.-

Ata o vindeiro 31 de xullo temos oportunidade de ver en Vilagarcía a exposición Roberto Vidal Bolaño, que fai un percorrido pola vida e obra do dramaturgo galego que é, ao tempo, un achegamento á historia do teatro profesional na nosa terra.

A mostra, desenvolvida pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración da Consellería, ofrece unha panorámica da obra do dramaturgo a través das súas personaxes, imaxes e textos.

Esta iniciativa enmárcase na programación promovida pola Xunta de Galicia para difundir entre a cidadanía a obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013.

26 de xul. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión