Fallo do I Concurso de Fotografía Terra Cha

Redacción.-

O Instituto de Estudos Chairegos fixo público o fallo do I Concurso de Fotografía Terra Cha, ao que foron presentados setenta e cinco traballos.

O xurado, composto por Julio Puentes, Beatríz Souto, Antonio Currás, Jesús Trastoy e Francisco Xosé Roca, outorgou o primeiro premio, dotado con 300 euros, á fotografía titulada "Ríoverde", da que resultou autor Fernando Romeán Areán, de Ames.

O segundo premio foi para "As dúas torres", da vilalbesa Ana Anido Trastoy, que recibirá 200 euros, e 100 euros recibirá o tambén vilalbés Brais González Rouco, pola foto titulada "Alto de Boizán".


14/07/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión