"Nós mesmos" en Euskadi

Redacción.- A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, está a percorrer Euskadi desde o pasado mes de xuño por iniciativa da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi. Desde o 15 ao 22 de xullo pode verse no Centro Galego de Érmua (Bizkaia) e do 22 ao 29 de xullo na Agrupación Hijos de Galicia, de Sestao (Bizkaia). Con anterioridade estivo na Irmandade de Centros Galegos, na Casa Torre, en Santurce (Bizkaia), na Casa de Galicia en Elgoibar (Gipuzkoa) e no Centro Galego de Vitoria en Gernikako Arbola (Araba). 

A Irmandade de Centros Galegos, que preside Pilar Rodríguez Villar é una federación composta polos doce Centros e Casas de Galicia ubicados no País Vasco. Nos últimos dous anos esta exposición puido verse en diferentes países de Europa e América. A mostra consta de sete bloques temáticos, desenvolvidos en 55 paneis, e permite seguir a evolución das sociedades microterritoriais e as dimensións mutualista, educativa, artística, cultural, sanitaria e política do asociacionismo galego na diáspora, lembra Pilar Cagiao, comisaria do proxecto xunto con Vicente Peña Saavedra. Esta iniciativa do Consello da Cultura Galega contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. 

27 de xul. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión