Os medios na traxedia de Angrois

Redacción.- A traxedia ferroviaria que golpeou a toda a sociedade galega tamén se deixou sentir no mundo do xornalismo. Ademais da mobilización dos xornalistas para cubrir o accidente, dous profesionais da comunicación atópanse entre as vítimas do mesmo: Enrique Beotas (finado) e Aníbal C. Malvar (ferido).

Para alén disto, e á espera de poder facer unha leitura máis pausada sobre o tratamento da catástrofe, xa se produciron numerosos comentarios, tanto positivos como negativos, da cobertura do accidente que están a realizar os distintos medios.

Neste senso, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lembrou cales son os criterios que teñen que primar o tratamento deste tipo de información, recollidos no Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe, e pediu aos medios respecto na difusión de imaxes de vitimas de familiares.

27/07/2013

0 comentários :

Danos a túa opinión