XXXIV Festival de Pardiñas



Redacción.-

Este ano, 2013, celebrarase os días 2-3 e 4 de Agosto. Cada Festival ten a súa identidade, os seus apelidos, o seu futuro, e medra coa fidelidade a este feito fundacional. O Festival de Pardiñas, nace co alcume de "Feira e Festa da música e da Arte". Xa fan 34 anos, coma una fervenza viva e dinámica de todas as artes, multiplicándose en moitos espazos ateigados de creación: a Mostra de Artesanía, a de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, a Casa das Artes, o Certame "Terra Cha" de literatura e debuxo infantil.

VENRES, día 2:

Ás 18.00;

Taller de batukada co Bloquinho de Xermolos.

Ás 19,30:

Festival de videos musicais, presentados polos directores: "Soro da verdade" de Tonhito de Pol, "Terra" de Dakidarria, "A lus do mundo" alumn@s do Ies de Guitiriz, "Abaixo e de Pé" de Garcia MC,"Zinfonia" de Kamy

As 21,00:

Batukada ata o Campo da Feira dos alumn@s do Taller e Bloquinho

As 21,30:

Teatro no Campo da Feira: Menciñeiros de Volta e Dálle coa música de Mini e Mero

SABADO, día 3:

Ás 12,30:

CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA polos bares de Guitiriz, os participantes e gañadores van ser agasallados con pezas conmemorativas de xermolos.Taller de batukada co Bloquinho de Xermolos

o Pardiñas tamé é Gastronomia, porque a consideramos CULTURA NOSA, e este ano abrimos esta nova actividade. Os bares van ofrecer estes días unha nova tapa: "Bolo pardiñeiro", a base se aceite, xamón cocido, etc

Ás 16.00;

Apertura das exposicións de Pintura, Escultura, Fotografía, cerámica na CASA DAS ARTES DE PARDIÑAS. Son dúas salas nas que se mostra pintura e escultura de Marcos Lamas, Euloxio Penas, Lomarti, Valdi, Xan Amil, etc. Exposición monográfica das ferramentas antigas de carpintería.

Mostra Extraordinaria de Fotografía sobre Díaz Castro no Festival de Pardiñas, a cargo de Xan Muras, na Casa das Artes.

Comezo da Mostra do XXXIV Certame de Debuxo Infantil, Son traballos de máis de 70 colexios que participaron neste certame. Os debuxos son expostos aquí, pero as poesías e os contos premiados poden lerse na Revista que presentamos neste día

Apertura da XXXIV Mostra de Artesanía, son cesteiros, teceláns, alfareiros, etc. Que mostran a súa obra en máis de 60 postos, en dous espazos, cunha especial referencia á artesanía da Terra Cha. Algúns deles traballan cara o público.

Äs 17.00;

Apertura da XX Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, son dúas xornadas nas que se estudia o universo da música tradicional por artesáns, investigadores, intérpretes, etc.

Pregón da Mostra de Artesáns a cargo dun músico representativo da nosa terra.

Entrega dos premios dos Cantos de Taberna

o Entrega dos premios do XXXIV maratón de Guitiriz

o Obradoiro de Regueifas

Obradoiro da danza tradicional

Ás 19.00;

Primeiro concertó de música tradicional no palco deste espazo.

O longo da tarde, noite tamén actúan grupos espontáneos, pois varios dos artesáns son tamén intérpretes dos seus instrumentos, este é un dos eixes do Fetival. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, nun recinto cuberto de postos, onde hai una mostra do seu traballo; gaitas, percusión, zanfona, guitarras, etc.

Dende esta hora e nos dous días do Festival, hai sesión didácticas sobre temas musicais, así; seminarios e obradoiros sobre danza tradicional, xoguetes sonoros, afinación de palletas, etc.

Dende ás 21.00 – 04.00;

Primeiro Festival de música, no esceario principal:

cos grupos :

Bloquinho de Xermolos (21:00) GALIZA

COANHADEIRA (22:00) GALIZA

HARMONICA CREAMS (00:00) XAPÓN

TARA (02:00) CATALUNYA

DIOS KE TE CREW (03:00) GALIZA

DOMINGO, día 4:

Ás 11.00:

Apertura da Feira de Libros de Xermolos, Como estamos nuunha feira e festa da música e da arte, tamén estivo presente a literatura, mesmo as letras vivas coa presencia de escritores como Bernardino Graña, Neira Vilas, Paco Martín, David Otero, Marica Campo, etc. Neste día presentamos o nº 57 da Revista Xermolos.

Neste día asinarán libros que van presentarse neste momento coma "Reticencias" de Xosé lois García, "Peito ó descuberto". Poesía de Fiz Vergara, de Yago Rodriguez, Guieiro Avelino Pousa Antelo. Etc.

Apertura das Exposicións XXXIV Mostra de Artesanía, de artes plásticas, cerámica, fotografía na Casa das Artes

Dende ás 11.30-13.30:

Escenario libre para músicos espontáneos na Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.

Äs 12.00:

Obradoiros, seminario de baile tradicional.

HOMENAXE A XOSE SEIVANE, 1º Pregoeiro da mostra de Artesanía, de fal 20 anos, coa presentación do Guieiro nª 14, no que participan máis de 100 músicos, escritores, artesáns, gaiteiros, etc

Ás 13.30:

Concerto da Coral De Xermolos na Igrexa de Santo Domingo.

Merendas en todo o recinto do Festival amenizadas polo Fanfarria TAKIKARDIA.

Dende ás 16.00-21.00:

Concertos no esceario libre de músicos espontáneos

As 16:30:

Actuación de PETER PUNK para nenos e nenas

As 17:00:

Obradoiro de baile tradicional

Taller de percusión brasileña

Äs 18.00:

Pregón do escritor, XOSE VAZQUEZ PINTOR

Ás 18.30:

Entrega polos escritores e creadores de lotes de libros como premios do XXXIV Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil. Neste momento presentanse os libros deste Festival: Tedempo e Lusofonía de Xose Lois García, Poesía de Fiz Vergara de Yago Rodriguez, Guieiro Avelino Pousa Antelo, Patriarca do Festival de Pardiñas.

o A Real Academia Galega elixiu a Díaz Castro, o autor do Dia das Letras Galegas. Unha das notas biograficas da súa relación co noso país, pois viviu gran parte en Madrid, foi a súa asistencia ó Festival de Pardiñas, coma un festivaleiro máis. No pregón imos proclamar ós catro ventos o Ano de Díaz Castro, coa actuación do rapeiro David Gómez e os alumnos do Ies de Guitiriz que van cantar varios poemas de Díaz Castro, gravados no viedo "A lus do mundo", e os cantautores Mini e Mero van cantar "Penelope" de Díaz Castro

Ás 19.00:

Concerto de música tradicional dentro da XX Mostra de Artesáns.

Dende ás 20.00 – 22.00:

Escenario libre de músicos espontáneos.

Dende ás 22.00 – 03.00:

Segundo Festival de música, no esceario principal, con grupos :

OS MINHOTOS (20:00) GALIZA

SUSANA SEIVANE (22:00) GALIZA

SKARALLAOS (00:00) GALICIA

MR, FISHMAN AKA DR. THINK & MIKE ROLLING (01:30)

22 de xul. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión