Inventarios Colectivos de Flora e Fauna

Redacción.-

Desde a Asociación Galega de Custodia do Territorio estase a organizar, xunto coa axuda e colaboración doutras entidades naturalistas e grupos de investigación, a xornada de Inventarios Colectivos de Flora e Fauna en Galicia que se celebrará o día 25 de xaneiro (sábado) no C.E.N Casa das Insuas, Rábade (Lugo). Este tipo de actividades son de gran importancia para a mellora do coñecemento da distribución e conservación da flora e fauna galega.

O programa é:

10:00-10:45 Atlas de hérpetos e libélulas de Galicia. Seguimento de hérpetos de Galicia. Martiño Cabana (UdC)

10:45-11:30 Atlas e seguimentos de mamíferos terrestres non voadores. Xosé Pardavila (GEAS-SECEM)

11:30-12:00 Atlas e seguimentos de morcegos en hibernáculos e refuxios. Roberto Hermida (Drosera)


12:00-12:30 Café


12:30-13:00 SACRE e Noctua. Inventarios específicos de aves. Óscar Rivas (SGO)

13:00-13:30 AvesGalicia2014 e atlas de aves de Galicia. Cosme Damián Romay (SGO)

13:30-14:00 Proxecto Ríos e Charcas con Vida. Ramsés Pérez (ADEGA)


14:00-16:00 Xantar


16:00-16:30 A plataforma colaborativa Biodiversidade.eu como nexo de unión e colaboración dos naturalistas galegos.

16:30-18:00 Grupo de traballo de Biodiversidade.eu. Propostas de traballo conxunto e coordinado. Biodiversidade.eu como complemento ós Atlas de distribución, Redes de seguimento e Inventarios específicos. Participación e colaboración en Biodiversidade.eu.

Para coñecer o aforo e os participantes agradeceremos que vos inscribades en www.deputacionlugo.org (http://goo.gl/KaECU6). Máis formación en: custodiadoterritorio@gmail.com ou no tfn: 630948293 (Martiño).

20/01/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión