Entroido de verán

Redacción.-

O 16 de Agosto as 17:00 H, dará comezo o Entroido de Verán de Vilalba.
Será na parte peatonal da Rúa Basanta Silva, e está organizado polos locais de hostalaría: Tamanaco, La Casa del Lobo, La Bujía e 31 do DEZ, coa colaboración do Concello de Vilalba.
Dende as 17:00 H, teremos animación musical na rúa, e o evento estará amenizado pola Charanga BCB.
O Entroido contará cun concurso de disfraces, e cun desfile as 20:00 H.
As bases pódense concultar nos locais organizadores, nas redes sociais do Entroido de Verán de Vilalba, ou na web do Concello de Vilalba.
Para participar no concurso poderanse apuntar, ata o 16 de Agosto as 16:00 horas, nos locais organizadores ou no email: entroidodeverandevilalba@gmail.com
No concurso establécense 3 categorías: Infantil, Adulto e Grupos ( 5 persoas ou máis ). E os premios para cada categoría son os seguintes:
Infantil: 
1º Premio: 50 euros
2º Premio: 25 euros
3º Premio: 15 euros
Adulto:
1º Premio: 100 euros
2º Premio: 50 euros
3º Premio: 25 euros
Grupos: 
1º Premio: 250 euros
2º Premio: 125 euros
3º Premio: 75 euros



28 de xul. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión