Jazz Blues Ribadeo 2014

Redacción-

Trala moi boa experiencia das dúas primeiras edicións de 2012 e 2013, onde tanto o público de Galicia como os turistas que se achegaron a Ribadeo envorcáronse coas actuacións programadas, o Festival Jazz & Blues de Ribadeo regresa con máis forza que nunca. Un amplo elenco de artistas internacionais, proxeccións, charlas, unha exposición fotográfica e un mercadillo conforman a oferta que converterá a Ribadeo en referente do Jazz e do Blues entre o 18 e o 27 de xullo.

O Jazz & Blues Festival 2014 levará a Ribadeo unha coidada selección de músicos. A ducia de actuacións programadas inclúen a varios dos artistas máis destacados do blues e do jazz, sen esquecer a sinergias que estes dous xéneros crearon con outros, como o gospel, o rythm 'n' blues ou o rock. Eric Sardinas, Hiromi, Joanne Shaw Taylor, Nicholas Payton e Bazil Meade encabezan o cartel deste ano.

Descarga aquí o programa completo.

01/07/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión