Músicos en tempos duros

Antón de Guizán.-

Ando cada día a descubrir realidades descoñecidas para min grazas a es traballo espectacular de Pastora Veres e Cibrán Tenreiro sobre a parroquia dos Vilares. Protagonistas de primeira man descubrironnos o duro que era a vida dos músicos nos anos 20-30 na Chaira.

Pepe de Cristos da Reboira dos Vilares, e Indalecio da Castiñeira en Cazás contàronnos como aprenderon, como tocaban e a donde ían tocar naqueles tempos nos que os recursos, as comunicacións, a vida, eran difíciles.

Pepe de Cristos e Idalecio tocaron en varias orquestras da época, Chedeiro, Universal, Armonía...
O primeiro clarinetista e saxo, o segundo, acordeonista, aprenderon a tocar perto de Betanzos, un na Costa do Sal a donde acudía un día á semana desde Os Vilares e ensaiaba no monte ou nos prados co gando, e o outro en Betanzos, na Brigantina a donde acudía desde Cazás, o que da unhamidea da vocación destes músicos sacrificados.

Son numerosas as anécdotas que recollerá o libro, pero a historia de homes que tocaban en salóns de baile e festas mesmo transportando material nalgún caso por corredoiras e en carroa de vacas, que durmían en palleiras pero que actuaban con roupa e aspecto que se aproximaba á imase da orquestra de Glen Miller cos seus traxes e garabatas, camisas con chorreras despois de traballar nas labores agrícolas nas súas casas, enche de "glamour" chairego a estes guerreiros da música que proporcionou moita alegría en tempos escuros.

Hoxe mesmo, esta memoria viva de Pepe e Indalecio, con máis de 85 anos, conservan esa imaxe de eternos galáns ao longo do tempo. Falan chamandolle animadores aos cantantes e enseñan fotos da época fachendosos e felices de ter vivido esa experiencia artística a pesares das dificultades.

Dificultades que non impiden manifestar a Indalecio que foron os tempos máis fwlices da súa vida, sobre todo na súa relación coa Vilares, orixe da orquestra na que tocou tres anos, pero esa historia corresponderá ao libro de Pastora Veres que xuntará aos dous despois de moitos anos nas próximas semanas para que parolen entrw ambos e retratalos para esa merecida homenaxe da lembranza como heróes que foron, e son, da alegría cando todo era tristura. Eles o moitos outros merecen recoñecemento e respeto. Así será.

17/07/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión