Primeiro disco de "Mi perro Vincent"

Redacción.- A banda vilalbesa de punk rock Mi perro Vincent está formada por Luis (guitarra e voz), Pablo (guitarra), Cas (baixo) e Alberto (batería), catro amigos unidos “pola música, os cómics, o cinema e as cañas”, como eles mesmos se definen. As súas influenzas musicais son Ramones, The Queers, Los Nikis… Sacaron a súa primeira maqueta no ano 2011, tras varios anos de concertos; estaba integrada por cinco temas grabados de forma caseira, obtendo unha boa resposta por parte dos seus seguidores e o público en xeral. Posteriormente colaboraron en recopilatorios de Estados Unidos, México, Arxentina, Barcelona e incluso conseguiron quedar finalistas -por votación do público- no concurso de 43 Music a nivel do Estado español. “Ata tivemos que sacar unha segunda edición dixital deste traballo. Agora seguimos dando concertos por Galicia, León, Asturias… e preparando os temas que forman parte do o noso primeiro disco”, apunta Alberto.

En decembro metéronse no estudo para comezar a grabación deste disco, arranxo e produción baixo a batuta de Jesús Iglesias, responsable de Estudos Primarios. Puxéronse en contacto con Juan José Ryp, por Facebook, sen coñecelo persoalmente pero sendo fans absolutos do seu traballo. A súa resposta foi inmediata, non só accedeu a realizar a portada de xeito desinteresado, senón que se implicou moito máis do que eles podían imaxinar. “Enviámoslle as cancións para inspiralo e foinos mandando cada avance do traballo. O resultado foi alucinante, con referencias a todos os nosos temas, filias e fobias. Ademais de bo artista, é mellor persoa”, afirman case ao unísono todos os membros da banda.

Nas súas cancións (píldoras de punk rock cheas de melodía) podemos atopar referencias ao mundo do cómic, do cinema e da música, sempre con moita ironía e con moito humor. Tamén grabaron a súa primeira canción en galego (“Méteo non cú”). 

A distribución do disco vai por conta de Picnic Records de Barcelona e eles mesmos encárganse de facer un magnífico labor de difusión a través de miperrovincent@yahoo.es e www.facebook.es/miperrovincentpunkrock.

23/07/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión