Soneto a Carballo Calero

SONETO EN LOOR DO EXIMIO DON RICARDO CARBALLO CALERO

Xoán Xosé Fernández Abella.-

Alta honra de Ferrol e de Galiza,
enteiramente ás mesmas consagrado,
estudioso incansable, namorado
da Beleza, a Verdade e a Xustiza.

Túa entrega foi total sempre na liza
polo traballo serio e ben logrado,
un traballo profundo e artellado,
que gran sabedoría patentiza.

Eu canto aquí un cume da Cultura,
catedrático impar, poeta inmenso,
sabio da Lingua e da Literatura.

Dramaturgo, ensaísta de fondura
e de Galiza defensor intenso.
Chegue ata ti miña loanza pura.


20 de Xullo do 2.014

IMAXE: Tino Viz



25/07/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión