Chega Vilalba Fusión

Redacción.- Será entre o venres 12 e o sábado 13 de setembro cando se fusionen nun festival o punk, o rock e a música electrónica baixo o escenario do complexo da Madalena, na capital da Terra Cha. Unha fin de semana coa mellor música made in Vilalba. Iso é o que ofrece o Vilalba Fusión, un festival gratuíto que nace das ganas de reunir en dúas xornadas diferentes estilos musicais (punk-rock, pop-inchable e música electrónica).

Grupos vilalbeses como Postergel, Irmandades do Falo e Mi Perro Vincent, xunto co Dúo Escobar, ofrecerán cadanseu concerto, interrompidos polas sesións de máis dunha ducia de djs, tamén vilalbeses: Antonio Currás, Diego Amido, Suso Novo, David García, Sito Click, Zalo, Marcos Peón, Kiko, Pedro Anido, Miguel López, Rivas, Álex Nite ou Félix Jorquera, entre outros. O programa recolle concertos na tarde do venres; mentres o sábado a música comezará a soar na Madalena dende máis cedo coa sesión vermú e estenderase ata ben entrada a noite. Haberá zona de acampada, mercadiño, gastrobar, mostras diversas e sorteo de agasallos.

06/08/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión