Revista A Voz de Vilalba en PDF

Redacción.-

A revista dixital "A Voz de Vilalba", que vén publicándose ininterrumpidamente con carácter mensual desde abril de 2008, seguirá ofrecendo aos seus lectores unha ampla selección dos textos que se publican na web, pero vai variar a súa periodicidade pasando a editar só dos números anuais: un a finais de decembro ou comezos de xaneiro e outro a finais de xuño e comezos de xullo.

Tanto os números pasados, como os vindeiros, poderán seguir descargándose gratuitamente da nosa hemeroteca, así como os números especiais.

18/08/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión