Discurso de Nelida Piñón na RAG

Redacción.-

A escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón (Río de Xaneiro, 1937) fixo o seu ingreso como membro de honra na Academia onte, sábado 27 de setembro. No seu discurso, a nova académica de honra salientou a importancia da memoria familiar e da histórica na construción do seu imaxinario narrativo. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.

O discurso fúnebre de Pericles e os relatos do avó Daniel ao pé da lareira ostentan unha xerarquía semellante no altar literario de Nélida Piñón, quen atopou na experiencia da emigración, coñecida en segunda persoa a partir do relato dos seus pais, emigrantes galegos no Braisl de primeiros de século, un tema preferente na súa escrita, que había cristalizar en 1984 coa publicación d´A República dos Soños.

A nova académica literaria centrou boa parte do seu discurso de ingreso na descrición do seu proceso de descuberta e coñecemento de Galicia e, nomeadamente, do lugar natal dos seus pais, Cotobade (Pontevedra). O contacto con esta realidade e eas súas xentes dotouna dun novo sentido literario: "obrigando-me moralmente a lhes atribuir uma vida romancesca com o propósito de resgatá-losda obscuridade em que viveram".

Pola súa parte, o membro de número da Academia Ramón Villares, logo de definit a Nélida Piñón como unha escritora "transcontinental" que soubo trenzar na súa escrita as dúas beiras do Atlántico, describiu A epública dos Soños como unha epopea migratoria que contribuiu a resituar a importancia da emigración na conformación da identidade brasileira.

O discurso de Nélida Piñón pódese descargar aquí. [PDF 13.6Mb]

28/09/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión