II Congreso de Observadores de Nubes

Redacción.-

Esta fin de semana estase a celebrar en Sarria (Lugo) o II Congreso Internacional de Observadores de Nubes, que se inaugurou o pasado venres cunha conferencia do inglés Gavin Pretor-Pinney (Londres, 1968) sobre "Observación de nubes para principiantes".

Segundo os organizadores do evento que vén celebrándose desde o ano pasado: "Poucas cousas hai tan interesantes como observar as nubes, disfrutar das súas formas, coñecer os seus caprichos... un ano máis, te propoñémosche este encontro adicado ás nubes, ás estratexias para atrapalas, ás maneiras de entendelas, ás formas de distinguilas e de coñecelas en profundidade..."

No Reino Unido existe a Cloud Appreciation Society (Sociedade de Apreciación de Nubes) con máis de 35.000 membros e un curioso manifesto ondo se len frases tales como "as nubes son tan comúns e correntes que a súa beleza é a miúdo ignorada. Son para soñadores e a súa contemplación beneficia a alma".

Desde Galicia, impúlsase desde hai dous anos a Asociación Ibérica de Observadores de Nubes, que organiza o simposio, e da que forma parte xente como o músico Germán Díaz (o mesmo zanfonista de "O método cardiofónico).

A inscrición no congreso arrincou o pasado luns e espérase que volva ser un éxito. Nesta ocasión, Germán Díaz explicou que se ofertan un centenar de prazas para aquelas persoas -expertas ou non- que desexen acudir á cita que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de setembro na Granxa Escola de Barreiros en Sarria (Lugo).

Un dos participantes, Gavin Pretor, é autor de libros como Cloudspotter´s Guide e Cloud Collector´s Handbook que foron bestsellers en Reino Unido. A súa obra The wavewatcher´s Companion gañou o prestixioso Royal Society Winton Prize para libros de ciencia en 2011.

Outro relator será José Antonio Gallego, que recibiu o Premio Nacional de Innovación Educativa en 1996 polos seus magníficos materiais fotográficos e audiovisuais en novas tecnoloxías. No entanto, coñéceselle máis como fotógrafo de ceos gañando premios como a Cor Awards Photography Masters, aínda que tamén resaltou como autor no Atlas de nubes e meteoros da AEMET xunto a José Quirantes. Galego ensinará a como fotografar tormentas no simposio.

Joaquín Díaz indagará sobre a relación entre nubes e campás; e Benxamín Otero máis Carlos Quintá ofrecerán un concerto cunha campá especial. Ademais, o simposio ofrecerá tamén paseos á caza de nubes cos expertos.

Todos os detalles en:
http://ibericadenubes.blogspot.com.es
http://granxadebarreiros.com/gl/formacion/congresos/96-ii-congreso-internacional-de-observadores-de-nubes.html

28/09/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión