My stuff. O imprescindible para vivir

Redacción.-

O CGAC incorpórase á rede de institucións que participan na iniciativa 'O Documental do Mes" da productora Parallel 40 coa programación de cinco documentais.
Este programa ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas e en espazos culturais.

Argumento
80 min / Dirección: Petri Luukkainen / V.O en finés Subtitulada en castelán / Sipnose: Petri ten 26 anos e séntese completamente perdido. Abandonado pola súa noiva, acurralado por unha enorme hipoteca e cun cartón de crédito ao límite, Petri sente que a súa vida está baleira mentres que o seu piso está cheo de cousas.
Hai algo que bota de menos, así que decide pescudar que é o que realmente lle falta embarcándose nun experimento con tres regras: durante un ano todas as súas pertenzas materiais estarán nun almacén, só poderá recuperar unha cada día e estará prohibido comprar nada de novo.

29/09/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión