Trinta anos de amor, dor e loita

“ Para arrepoñernos desde nós mesmos, desde a nosa paz interior, a
transgredir as leis que o mundo impón, inxustas,no ingrato sabor 
da ruindade,desde as sinistras mans de gobernos que nos levan cara a 
esa apoteose de falsidade,de decadencia humana chea de embustes” 
(Mero da Quenlla)

David Otero.-

Pois si son trinta anos desde aquela primeira actuación como grupo deste nome, A QUENLLA, en Ordes.Trinta anos que son , para moitas e moitos deles, unha liña de seguir xa nacida, xurdida e militante, de Fuxan Os Ventos.Velaí tamén pois benzóns ao home integrador e de teimado facer a nível de construcción e aportando sempre, un dos primeiros e de facer a proposta, xa de Fuxan, o Crego musicólogo Xesús Mato.

Pois destas, e xa de mellor referido á Quenlla,dicir claramente que constitúen un grupo sólido,responsable e creativo, de canto a obra de música e letra, que percorre xenerosamente Galicia desde a referencia de quen somos e así estando sempre. Militando en Galicia e no seu pobo do Galego. A súa mediación foi e é un estímulo permanente e enerxético que nos dá onde nos doe e asemade onde nos move e conmove para botarnos ao camiño e mirarnos compañeiras e compañeiros da esencial idea pola que traballar: a nosa soberanía. Ese poder ( e xa de vez) para podermos decidirmos como pobo e nación o que queremos ser e como desenvolvelo para tal fin en comunicación de Lingua nosa ( a galega) e integrados na nosa cultura traballada e (re)creada a cada hora e por nós nas referencias oportunas ( e necesarias), tamén nas axudas e recursos, a que tal tarefa nos leve.Desta maneira proclamaremos pobo pleno no concerto e converxencia dos demáis pobos que constrúen ( e definen) humanidade.

No facer de cada día dos da Quenlla está explícita a liña horizontal de comunicación limpa e directa de investigación, memoria e futuro, cos seus informantes ( pobo sempre) e así no traballo e na reflexión, conscientes da tarefa, co que son neste pobo e no seu horizonte, eles fan tarefa para difundir, para pedir atentos e asemade consolidar realidades postas a traxectos con proxectos. Agardando andando.

O día 21 no Pedregal de Irímia, nacencia do pai Miño, alí en Maira a compás das augas puras e nacentes, proclamaremos futuro aínda que sabedores de mil derrotas, pero non vencidos. Pola tarde na praza principal de Meira estaremos a ben cerca dos da Quenlla para testemuñar solidariedade, afectos,comuñón e amizade. Con eles tamén somos pobo. Queremos ser. Con eles queremos facelo a cada ando de nós e compartindo.Alí a música da Banda de Música da vila, o Grupo de Gaitas, María Manuela e XianaLastra, Miro Casabella, Antón Valcarce, e as voces na palabra de moitísimas amigas e de moitísimos amigos.O domingo, como así sempre, todas e todos coa Quenlla. Facelo é unha responsabilidade militante neste noso Pobo. E digo Galicia.

Neste entrar noso de outono desde as augas do no río maior e vertebrador de terra e irmandade sintámonos pois irmandiños do ser e de querer, do construír e propoñer, desta forza emerxente sempre con capacidade enorme de nos facer sentir a certeza de tantos soños. As luces de tantos días que se nos foron. Temos ( e sufrimos) moita realidade cuestionada e cuestionable. Son horas.

22/09/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión