Actividades na Casa das Insuas

Redacción.-

O sábado 25 de outubro, con motivo da constitución da Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio, desenvolverase na Casa das Insuas unha xornada de presentación das principais iniciativas de custodia do territorio en Galicia así como da propia Rede. A custodia do territorio en Galicia actualmente conta cunha crecente implantación que abrangue dende a conservación dos bosques ata a do medio fluvial, pasando pola xestión das especies de flora endémica ou da fauna ameazada. Con esta xornada preténdese achegar ao gran público a realidade da situación do movemento de custodia do territorio en Galicia.

Programa
Sábado, 25 de outubro de 2014
10:00 ¿Por qué unha rede galega?. Óscar Rivas, AGCT
10:30 4 anos custodiando a biodiversidade das Mariñas. Fernando Bandín, Fundación Fragas do Mandeo
11:15 AGCT, coidando a natureza para o futuro. Martiño Cabana, AGCT
12:00 Pausa café
12:30-14:00 Outras iniciativas de custodia en Galicia. ADEGA, Ridimoas, Quercus Sonora.

En pé de terra
O domingo 26 de outubro terá lugar a visita á gandería 'Veiga de Luaces' en Pol (Lugo) para restaurar unha charca que está no interior dunha finca de pastos. O obxectivo de dita actuación é recuperar unha estrutura tradicional utilizada para o rego onde se acumula de forma natural unha masa continua de auga. Desta forma colaboraremos no incremento da biodiversidade presente na parcela. A gandería está asociada a Beealia que se adica a produción en réxime extensivo de cordeiros e cabritos alimentados en base ó pastoreo. A AGCT ven traballando coas ganderías de Beealia no establecemento dun acordo de custodia agraria.

Curso de construcción de caixas de niño

Resulta de grande interese que os cidadáns coñezan aquelas técnicas e materiais que se poden utilizar para a conservación da natureza nos xardíns e parques das nosas vilas e cidades e que sexa o propio cidadán o que colabore coa conservación do medio natural.
Con este curso de construción de caixas niño para aves e de caixas refuxio para morcegos, preténdese formar aos participantes sobre o interese de conservar ás diferentes especies de aves e morcegos que viven xunta nós e difundir a idea de que todos podemos colaborar de maneira fácil e entretida nesta labor de conservación. Tamén se pretende mostrarlle ós participantes as diferentes técnicas e modelos existentes de refuxios de aves e morcegos para que poidan desenvolver o seu ciclo vital, como pode ser a cría da súa descendencia, o refuxio durante a época invernal ou á xuntanza de machos e femias durante o período reprodutor.
Programa
10:00. Aves e caixas niño. Óscar Rivas - AGCT-Numenius
10:30. Morcegos e refuxios artificiais. Roberto J. Hermida Lorenzo – AGCT-Drosera
11:00-14:00. Construción e instalación de caixas. Martiño Cabana

21/10/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión