Letra das Festas 2014

Redacción.-

Coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a coordinación e presentación de Antonio Reigosa e Isidro Novo, a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza a cuarta edición desta "revista de literatura oral ao vivo" que sae sempre polo San Froilán, e na que este ano interveñen persoas que rememoran persoeiros singulares de Lugo e arredores, todos reais, denominados de mil maneiras: tolos, loucos, dementes, chalados, chiflados, lunáticos, maniáticos, idos, majaretas, traslidos e outros moitos calificativos para diferencialos de todos os que nos consideramos “normais”. Entre eles O Currinche, Caín, Balbino, anécdotas de Fole ou de Cunqueiro e… algunas sorpresas que non podemos revelar.


Letra das Festas.
Memoria de personaxes singulares de Lugo e arredoresSan Froilán 2014
Círculo de las Artes
Mércores, 8 de outubro, 18:00 h.
Entrada de balde

Interveñen
Ángel Martínez Fernández de la Vega, Paco Nieto, Isidro Novo, Lourdes Abuíde, Lois Pérez e Marica Campo.

Música
Abraham Cupeiro e Héctor Barro

07/10/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión