Novo libro de Fernández Abella

Redacción.-

O vindeiro luns 27 de Outubro terá lugar ás 20:30 horas na sede da Editorial Follas Novas na rúa de Santo Domingo da Calzada, 1, entrechán, en Santiago de Compostela, a presentación dun novo libro de Xoan Xosé Fernández Abella "Guardad mi voz". O libro será presentado por Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega, e no devandito acto presidirán a mesa Ralfael Silva Costoyas e Luis Alonso Girgado, que pronunciarán unhas verbas. Tamén recitarán poemas do libro Pilar Sampedro e mais o autor. Amais diso, Miro Casabella e Manoele de Felisa cantarán poemas en galego de Fernández Abella.

Xoán Xosé Fernández Abella, nado en Monforte de Lemos en 1933, é un escritor galego colaborador de diversas publicacións e autor de libros de poesía como Poemas galegos(1976), Escolma de poemas (1987), Poemas estradenses e catorce poemas máis (2005) ou Poemas de amor, loanza, condena e outros (2011). Tamén ten publicado en obras colectivas como Alma de beiramar (2003), Xela Arias, quedas en nós (2004), Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal (2005), Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007), Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (2013).

22/10/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión