Os Vilares. Lareira de soños

Antón de Guizán.-

Despois dun ano de traballo, Pastora Veres e Cibrán Tenreiro acheganse ao final do seu traballo de publicación e documentario pero un ano é longo e reserva sorpresas.

Decenas de entrevistas e gravacións, documentos e fotos antigas, web e facebook exitosos, e polo camiño, novas iniciativas, un premio (Trapeiro de Honra), unha nova canción de Fuxan Os ventos sobre Pedro Trapeiro, a cadeira de Díaz Castro na rede das Galipizza, encontros con vilaregos de fóra etc.

O culpable, Manuel María, que hai 24 anos encomendou a Pastora Veres recoller nunha publicación a historia daquela exposición de fotos na Romaría Labrega da Chaira é que mellor ano que o de Díaz Castro para iniciar este proxecto sobre a súa parroquia. E que mellor ano para verba luz que no 2015, no que se cumpren 25 anos do seu pasamento.

Ademáis das iniciativas expostas, o contacto coa xente, as imaxes e documentos aportados, e a implicación de todas e todos os vilaregos, fixeron que o que ía quedar nunha publicación, acabe ampliando as mirar e sume unha exposición de imaxes facilitadas polos veciños, documentos, e outro material no vindeixo ano.

No proceso xa de redacción definitiva e de montaxe do documentario, a experiencia foi enriquecedora e independentemente do resultado final, as testemuñas e documentos acumulados, a historia recente da parroquia contada polos seus protagonistas, resulta fundamental non só para os Vilares sinon tamén para as parroquias chairegas é mesmo para entender o contexto que deu lugar a un dos grandes poetas galegos, Pepe do Vilariño, Xosé María Díaz Castro.

Os que queremos a Chaira, agardamos ansiosos o resultado e agradecemos por adiantado o esforzo altruísta de Pastora e Cibrán e por suposto a todas as persoas e colaboradores neste fermoso proxecto.

28/10/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión