Sr. Almodóvar, nunca é tarde para aprender

Antón de Guizán.-

Señor Pedro, decepcionarme vostede, e non polo cine que ten realizado, independentemente dos gustos de cada quen a respecto desa arte. Decepcionarme vostede persoalmente, agardaba máis cultura nun artista que de seguro ten loitado contra multitude de problemas e ten tamén compartido con.moitas.persoas de.diferentes orixes e culturas.

Cando pon vostede no mesmo nivel a ignorantes, galegos e a quen ten que asinar co dedo, está vostede depreciado non só aos galegos, senón ao seu propio povo, e amosando unha tremenda falta de cultura, porque a cultura é respeto, aos povos e ás persoas e vostede con esas declaracións demostra un fondo descoñecemento da historia recente deste estado, como si o acceso á cultura fora responsabilidade de cada persoa e non de.procesos políticos como o franquismo que nos subín a todos, tamén aos da súa comunidade nunha.longa noite de miseria e incultura, pero non, responsabiliza vostede a quen non sabe asinar e ademáis galegos.

saiba que as preferentes non afectaron só aos galegos, tamén hai paisanos seus afectados. Saiba que ate hai ben pouco a Real Academia Española aínda mantiña a acepción de galego-tonto, pero nin sequera lle recoñezo esa escusa, e saiba tamén que hai galegos que non tiveron acceso a estudos nin coñecementos que son moito máis cultos é sabios que vostede, pero igual é moito saber para vostede.

Seguro que coñece vostede galegos na súa profesión. Só a ignorancia é tan atrevida señor Pedro como para faltar desa maneira ao respeto a un povo que independentemente da simpatía que lle teña (parece que pouca) ten máis categoría que a súa arrogancia e falta de humildade.

E mentras esto escribo, señor Pedro, estoume arrepentindo, porque como din eses ignorantes, galegos que só saben asinar co dedo, non hai maior desprecio que non facer aprecio...

23/10/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión