VII Ruta por Galicia Adiante

Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenvolvemento do programa de actividades deste ano 2014, organiza para o domingo 26 de outubro a VII Ruta por Galicia Adiante – Andando as terras de... Castroverde: roteiro Val do Río Tórdea.

A ruta sairá de Camiño Ancho para coller dirección a Espasande, Feirobal, Vilar, Cellán de Calvos, A Viladónega, Pereirama e volta a Camiño Ancho. Todo o percorrido, de aproximadamente 12 quilómetros de distancia, discorre polo Val do río Tórdea con fermosas vistas sobre parte do territorio de Castroverde.

Inscricións
As persoas interesadas en participar na ruta poderán inscribirse ata o xoves 23 de outubro nos teléfonos 639 246 459 ou 651 361 628, a través do enderezo electrónico do IESCHA –estudoschairegos@gmail.com- ou comunicándollo a algún dos membros da directiva. O custo por participante é de 25 euros coa viaxe en autobús e a comida en Casa Pereira arredor das dúas e media da tarde, incluída. No caso dos menores, o prezo será de 5 euros.

A saída do autobús cara o inicio da ruta, en Camiño Ancho, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba ás nove da mañá.

22/10/2014

0 comentários :

Danos a túa opinión