José André Lôpez Gonçâlez

Antón de Guizán.-

Poucos Chairegos saberán que un paisano seu, concretamente dos Vilares, é o principal investigador e impulsor da figura do Apalpador, do que fixo investigación de campo no Courel e artigos e escritos para a recuperación desta figura que ano tras ano está a medrar no nadal cómo unha figura propia, autóctona que compite cos reis de Oriente e o Noël nórdico. http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf

José André Lôpez Gonçâlez naceu nos Vilares, no lugar da Ponte en 1955 e mantén parentesco co señor Pedro, o Trapeiro dos Vilares pois o seu avó era irmao deste. Aos cinco anos marchou coa familia para a parroquia tamén chairega de San Xoán de Alba.

Estudou ciencias da imformación e traballou en Euskadi durante moitos anos. agora mesmo reside en Madrid. Ademáis de delegado de ventas dunha empresa, ten destacado pola súa militancia nacionalista e por ser un respetado tradutor, poeta ensallista. Hoxe, mantense activo nesa liña desde as terras da capital do estado.

Impulsor de publicacións e revistas de pensamento marxista e colaborador de iniciativas a prol do galego e da
norma reintegracionista, mantén grande amizade co vilarego Raúl Río e ten adicado un fermoso poema a Díaz Castro cando coñeceu o seu pasamento e que reproduzo:

NA MORTE DO GRANDE POETA GALEGO JOSE MARIA DIAZ CASTRO

(2 de outubro de 1990)

O escultor Raul Rio Diaz deu-me a triste nova da morte do grande poeta por telefone dizendo apenas: “morreu o Diaz Castro” e mais nada disse. Eu fiz este soneto essa mesma noite, transido de dor, em homenagem e honra ao grande poeta.

“E um cão que estava deitado, ergueu a testa e as orelhas,
era Argos, o cão do paciente Odisseu, que o herói criara
mas teve de o deixar quando partiu para a sagrada Ilião”

Homero, a Odisseia

Honor àquele que navegou os mares
para voltar à Pátria inesquecida
e envolto na saudade lentescida
nos trouxe a nau povoada de cantares.

Bogaste junto a nós para nos dares
Nimbos de luz, e agora, na partida,
fica um recendo a erva florescida,
Ulisses Diaz Castro dos Vilares.

Por Vilarinho a terra se outoniça
e bradam os bois longos letargos:
“Um passo adiante e outros atrás, Galiza”

Um dia hão voltar passos amargos
e bandeiras de Parga a Pastoriza
quando te reconheçamos, como Argos.

Pastora Veres ten contactado tamén con José André para o seu proxecto de Os Vilares, lareira de soños.

18/01/2015

0 comentários :

Danos a túa opinión