O Vispalia, derradeiro capador da Chaira

Antón de Guizán.-

Serafín Vispalia (1902-1882) foi o derradeiro capador da Chaira, un oficio itinerante hoxe desaparecido pero moi importante naqueles tempos de posguerra nos que nas casas o gando e os cultivos servían para asubsistencia das familias e pouco máis.

Os capadores non só atendían cochos, senón carneiros e outras especies no período da primavera verán ademáis de facer outras labores veterinarias como operar as lurpias das vacas ou axudar con cesareas, eran tamén menciñeiros da cabaña animal de cada casa.

O Vispalia foi máis que un capador ou un menciñeiro, percorreu coa súa mula a Chaira desde Guitiriz a Outeiro de Rei, desde Friol a terras de Meira e era coñecido e recoñecido en tódalas casas pola súa bondade e bó talante, cobraba no que que podían pagar, que naqueles tempos era pouco.

nado en Cospeito nunha parada de bestas e burras, resideu casi sempre en Goiriz, onde viven varios dos seus fillos. Gustaba do seu traballo e deixou amigos por onde pasaba.

Lembroo de cativo cando chegaba á casa de Ferreira en Lanzós naquela mula que para min resultaba imponente e escondíame porque tanto él como o pranto dos cochos me producían medo.

Xa maior, lembroo paseando co seu fillo Moisés e a súa nora Alicia e sempre levaba no peto da chaqueta aquela navalla de capador que sempre foi parte del, o símbolo do que el representa para a historia chairega.

Aínda hoxe, os seus fillos Manuel e Moisés lembran fachendosos a súa memoria e contan anécdotas divertidas deste cabaleiro chairego.

O poeta da Terra Chá, Manuel María, ten falado do Vispalia nos seus artigos co pseudónimo Manuel Hortas Vilanova no semanario A Nosa Terra, porque non se.pode escribir unha historia da Terra Chá sin lembras ao Vispalia.

Contan que na súa cabeza, foi capador até o día da súa morte, orgulloso dun oficio hoxe desaparecido, que exerceu con
grande profesionalidade e bondade e que tanto ben fixo en centos de casas.

Na foto, o Vispalia coa súa mula e un neto.

01/01/2015

0 comentários :

Danos a túa opinión