Farolas literarias

Redacción.-

66 farolas de Guitiriz e Parga sosteñen desde a tarde do sabado versos do grupo poetico NPG Nova Poesía Guitirica, compostos polos seus 11 membros, dous poemas cada un deles.

Judiña de Lea, Mar Beres, Xosé Antón Cascudo, Luz Campello, Antón de Guizán, Adriana Quijada, Xelo Teijido, Jaki Quintela, Pas Veres, André da Ponte e Fátima Fernandez decidiron con esta iniciativa de arte de rúa efímera achegar a poesía a donde se atopa a xente de maneira cotián, nos núcleos das dúas principais localidades do concello.

Previamente mantiveron un xantar no que programaron novas iniciativas poeticas para o 2016 como recitais monográficos arredor de Manuel María, poemas para o Entroido, publicación colectiva do grupo NPG, recitais en locais de hostelería, e abrir o grupo a outras disciplinas artísticas locais como a arte plástica e escultórica, a fotografía, música e audiovisual...

Iniciativas todas que buscan popularizar a poesía e sacala do armario do elitismo e das minorías para socializala e achegala a todo o público, ampliar os soportes clásicos a outros máis novidosos e rompedores.

Poemas heteroxeneos en estilos pero que no grupo poetico conviven e suman co obxetivo de facer de Guitiriz un concello poético e contribuir a que a poesía se instale na normalidade.

3 de xan. de 2016

0 comentários :

Danos a túa opinión