Luís de Fabete

Antón de Guizán.-

Eu, vilarego de corazón, oriundo da tamén chairega parroquia vilalbesa de Lanzós, tiven a fortuna de coñecer a ducias de veciños dos Vilares acompañando a Pastora Veres no seu traballo de investigación para o libro que está a escrever. Moitas e moi interesantes persoas, admirables e sorprendentes en moitos casos. Entre todas, hai unha que si acaso pola súa modestia e humildade non é das máis nomeadas ate hai uns días pero que atesoura grandes cualidades e que coa súa labor calada da exemplo a quenes o rodean. José Luís Teijido Comba, que desde moi novo tivo inquedanzas que traspasaban o mundo rural aprendendo electrónica por correspondencia e construindo aló polos anos sesenta as primeiras televisions da contorna, tal foi así que goi alcumado "Radiola" en referen ia a aquelas marcas de trebellos que inundaron e mudaron as casas dos nosos pais e avós e que o levou a ter un negocio en Guitiriz. Adicado tamén ao cultivo de flores e árbores ornamentais, foi sempre meticuloso e eficiente naquelo que fixo. Pero Luís, xa nesa idade na que conta con máis tempo, estase a descubrir por ser un grande apaixoado da natureza e do noso património. Un dos mellores coñecedores da xeografía vilarega e de Guitiriz, Luís de Fabete estase a convertir no grande documentalista do mundo vexetal e animal da contorna con excepcionais fotografías de plantas, paxaros, insectos e animais que habitan a paisaxe chairega en moitos casos exempmares ben escasos e dificiles de captar. Co noso patrimonio natural, etnográfico e monumental, penas, pontes, muíños, fervenzas e ríos son captados por ese ollo excepcional de Luís que ten aportado ademáis aos Vilares e á Chaira enteira o descu rimento dunha mámoa das Carriceiras, de grande valor arqueolóxico, nesas andaduras polo monte que tanto ama. Pero a ese valor de descubrir unha persoa que non obsequia con verdadeira poesía visual, hai que sumar, ademais, a súa bonhomía, a súa educación e respeto, valores que cando acompañan aos anteriormente descritos, fan dunha boa persoa, un ser admirable. Coa inmensa sorte de ter a Luís de compañeiro na directiva da asociación Lareira de soños, sentimonos na obriga de divulgar e poñer en valor eses traballos que con tanta paciencia e agarimo realiza para o disfrute de todos ainda a sabendas de que él mesmo o considera, na súa humildade, excesivo. Nós sin embargo estamos certos de que é un grande valor e ademáis da catalogación e invertariado da mámoa descuberta, estamos a preparar unha exposicion de fotografías da natureza vilarega captadas por Luís de Fabete que todos poderán disfrutar.

  

30 de set. de 2016

En defensa da nosa toponimia

Redacción.- En relación á publicación, o pasado luns 26 de setembro, dunha peza informativa sobre os resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia en El Mundo, na que se recollían unha serie de topónimos deturpados, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembra que a lei 3/1983 de Normalización Lingüística, no seu artigo 10, establece que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Tendo en conta que lle corresponde á Xunta de Galicia determinar os nomes oficiais dos concellos, núcleos de poboación e demais topónimos, as denominacións na lingua autóctona son as únicas legais a todos os efectos.

O Colexio de Xornalistas é consciente de que esta norma está destinada á administración pública, mais semella coherente que os topónimos oficiais sexan usados de forma xeralizada, cando menos por aqueles medios presentes na Comunidade Autónoma Gallega. Asemade, mesmo tendo en conta que o Libro de estilo de El Mundo establece que "os nomes de poboacións de España [...] escribiranse en castelán, incluídas as poboacións daquelas comunidades autónomas con outras lenguas oficiais, sempre e cando esta denominación estea acreditada historicamente", e obviando a dificultade en moitos casos de tal acreditación, resulta imposíbel considerar "acreditadas historicamente" denominacións como "Guinzo de Limia", "Pollo" ou "Nieves".


Esta non é a primeira vez que o Colexio de Xornalistas tense que pronunciar diante da insistencia dalgúns medios que tenden a castelanizar os topónimos galegos. Por iso, o Colexio de Xornalistas chama a El Mundo e ao resto de medios de comunicación presentes en Galicia a usar en todo caso os topónimos galegos na súa forma oficial, en lingua galega, que é aquela fixada pola Xunta de Galicia. 

29 de set. de 2016

Feijóo acada a terceira maioría absoluta

Moncho Paz.- Feijoo logra a súa terceira maioría absoluta, mentres En Marea acada a segunda forza e liderará a oposición ata 2020. Cos resultados electorais desta noite e case o 100 % escrutado, Feijoo superaría os seus resultados do 2012 en número de votos e pontos porcentuais, mantendo o mesmo número de deputados, o cal permite afirmar que o PP non sofre o desgaste da súa acción de Goberno na Xunta de Galicia. En clave estatal, Feijóo ve reforzada aínda máis a súa posición no PP ao converterse no único presidente autonómico que gobernará con maioría absoluta. 

Por outra banda, confirmouse o sorpasso de En Marea que se converteu na segunda forza política no Parlamento do Hórreo ao superar ao PSdeG en número de votos, aínda que estean empatados con 14 escanos. A candidatura de Luís Villares lograría ademais unha maior porcentaxe de votos, un 19,03 % fronte ao 17,89 % dos socialistas. 

En resume, o PP logrou 41 escanos, En Marea 14, o PSOE 14, e o BNG 6. A continuación incluimos unha análise por partidos políticos e unhas breves conclusións.

PP
Triunfo de Feijóo, que esqueceu as siglas do PP. Traballaron desde o principio o concepto MARCA PERSOAL. Non se veu afectado polo tema da corrupción e a mala valoración de Mariano, que recibe un balón de osíxeno. Mensaxe clara e repetitiva: estabilidade fronte a provisionalidade.

PSdeG
Leiceaga é un candidato pouco coñecido socialmente, sentenciado polo proceso de primarias e sobre todo polo “efecto Caballero”. Elección do candidato tardía, cun proceso de primarias fratricida.

En Marea
Luis Villares partía dun escenario difícil como candidato improvisado, de última hora e tamén descoñecido para o conxunto do electorado. Superou todas esas trabas e chegou a moita xente, ten mérito que conseguira tanto en tan pouco tempo.En Marea perde 25.000 votos nas tres ciudades onde goberna.

BNG
Boa campaña, especialmente na segunda semana. Ana Pontón xerou expectativas e conseguiu obxectivos. Mensaxes dirixidas “á súa parroquia”. Rendabilizou o debate.

Conclusións:

O PP é primeira forza nas ciudades, sendo a lista máis votada en 304 concellos de Galicia, o PSdeG con 9, En Marea arrebata un a CxG e o BNG xa non ten hexemonía nin en Allariz.
Confusión xeralizada e cansanzo por parte da opinión pública.

Hai que discernir entre participación política e movilización social. A sociedade galega presenta un perfil de escasa politicación, que se traduce NUN ALTO ÍNDICE DE MOBILIZACIÓN E NUN BAIXO ÍNDICE DE PARTICIPACIÓN (entendida desde o compromiso político).

A oposición reflicte a carencia dun proceso organizativo que sexa suficiente para influir –de forma directa ou indirecta- nos ostentadores do poder, ou para orientar o progreso material e cultural da propia sociedade.

25 de set. de 2016

O PNV resiste en Euskadi

Moncho Paz.- O PNV resistiu moi ben o proceso electoral de hoxe, mantendo practicamente intacta a súa representación parlamentaria en Ajuria Enea; non só validou a súa vitoria, senón que gañou dous escanos ata acadar 29 parlamentarios, seguido polo EH Bildu (17) e Podemos Elkarrekin (11), mentres que o PSE-EE perde 7 parlamentarios, quedando cos mesmos que o PP. Cidadáns finalmente non tivo representación.

Womex 2016

Redacción.-

Do 20 ao 22 de outubro, a programación do Womex 2016 ofrecerá 50 espectáculos abertos ao público –45 concertos e cinco sesións de DJ– na capital de Galicia, con grupos e artistas procedentes de 40 países e de catro continentes. A Praza da Quintana, o Auditorio Abanca, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán os escenarios dunha programación que evidencia “a calidade e a diversidade da oferta cultural que ofrecerá en Galicia o encontro profesional e artístico máis importante das músicas do mundo no que constitúe unha clara aposta polas vangardas en diferentes territorios de todo o mundo, cunha selección do mellor da escena emerxente que se vai lanzar a nivel mundial, en países como Xapón ou Portugal, pasando por Mauritania, Finlandia, Macedonia, Uzbekistán, Colombia, Canadá e China.

As entradas para os concertos do Womex 2016 abertos ao público –que xa están á venda, a través de http://entradas.abanca.com– amosarán as expresións máis contemporáneas da música que se está a facer actualmente no mundo con base na raíz e que volven darse cita en Santiago de Compostela, logo de que en 2014 a capital de Galicia acollera, por vez primeira, este evento internacional. Neste sentido, Anxo Lorenzo asegurou que a reelección de Galicia como sede do Womex supón “un recoñecemento ao traballo e ás capacidades demostradas en 2014, pero tamén ao prestixio actual da música galega e á fortaleza creativa da nosa industria musical actual”.

Músicas de 40 países
Procedentes da península Ibérica chegarán os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, ademais de La Negra, El Niño de Elche, Nakany Kanté e Xarnege (do resto do Estado); e Gisela Joao, Reyfado Lisboa e Throes + The Shine (Portugal). Do resto de Europa actuarán Okra Playground (Finlandia), Bella Ciao (Italia), Trad. Attack! (Estonia), NY Gypsy All Stars (Macedonia / Turquía / Grecia / USA), MHD (Francia), Oligarkh (Rusia), Ponk (República Checa), Vassvik (Noruega) e United Vibrations (UK).

A presenza de América, tanto do sur como do norte, é cumprida: Puerto Candelaria (Colombia), Bixiga 70 (Brasil), The East Pointers (Canadá), Delgres (Guadalupe / Francia), C4 Trio (Venezuela), Edmar Castaneda Trio (Colombia/EEUU), Bareto (Perú), iLe (Porto Rico), Quinteto Bataraz (Arxentina), Pascuala Ilabaca y Fauna (Chile), Les Tireux D’Roches (Quebec), Boogat e Quique Escamilla (México/Canadá), Nomade Orquestra e Anelis Assumpção (Brasil).

África tamén estará presente, con artistas como Derek Gripper (Sudáfrica), Faada Freddy (Senegal/Francia), Mehdi (Marrocos), Bargou 08 (Tunisia/Bélxica), Noura Mint Seymali (Mauritania), Jupiter / Okwess (DR Congo), Kondi Band (Serra Leoa), José Mucavele (Mozambique), Trio Da Kali (Mali) ou H’Sao (Chad/Canadá).

Finalmente, Asia, que cada vez incrementa máis a súa presenza en Womex, estará representada por Maïa Barouh (Xapón/UK), Black String (Corea do Sur), Dudu Tassa & The Kuwaitis (Israel), Adnan Joubran (Palestina/Francia), Tulegur (China) e mais Maltese Rock (Xapón).

DJ Summit
Xunto cos concertos, na sala Capitol celebrarase o DJ Summit, que reunirá o venres 21 e o sábado 22 varias promesas da mestura de ‘world music’. Son DJ Rachael (Uganda), Acid Arab DJ Set (Francia), El Remolón (Arxentina), H.A.T. (Morocco/USA) e DJ Satelite (Angola/Portugal).

Womex Quintana Festival
O maior escenario aberto ao público será a carpa situada na Praza da Quintana, que traerá a oferta máis festivaleira, con seis concertos cada noite ao prezo de 20 euros. Alí poderemos ver a 18 bandas da Selección Oficial, elixidas por un xurado internacional entre as máis de 1.400 candidaturas chegadas desde todo o mundo.

Bono ‘full pass’
Os máis fans da ‘world music’ poderán asistir aos 45 concertos (nos escenarios da Praza da Quintana, Auditorio Abanca, Teatro Principal e Salón Teatro) e ás cinco DJ sessions. Pero debido ao aforo limitado só están á venda 200 pases ao prezo de 55 euros.

Proxección dos artistas e da industria musical galega
Ademais dos artistas galegos que están presentes na programación –Radio Cos, Fran Pérez 'Narf' e Xabier Díaz–, a proxección da música galega verase tamén reforzada en Womex 2016 cunha nova edición do programa previo Focus GalicianTunes, que consiste en atraer a Galicia nos días anteriores a Womex unha selecta representación dos principais programadores, ‘mánagers’ e axentes que participarán no evento. Isto permitirá que poidan visitar distintos espazos culturais en varias cidades e presenciar concertos-showcases de artistas galegos especialmente deseñados para eles.
Non menos importante será o stand que a marca GalicianTunes ocupará nun lugar destacado do recinto feiral da Cidade da Cultura, desde onde a Xunta de Galicia traballará xunto coas empresas galegas acreditadas a prol da máxima difusión exterior da nosa música e dos nosos artistas.
Compostela é a cidade máis pequena na que se instalou o Womex nos seus 22 anos de historia. Tras o éxito de 2014, a organización repite en Galicia debido ás altas puntuacións dos delegados que participaron. Para a preparación da vindeira edición, patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, polo Concello de Santiago, pola Deputación Provincial da Coruña e por Mahou, xa hai máis rexistros a estas alturas que na mesma época de 2014, e os stands están esgotados.

19 de set. de 2016

Mañá, "Lúas de outono"

Redacción.-

Cando se cumpren doce anos do seufalecemento, e sendo este o ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas,Manuel María recibirá a homenaxe da cidade que el escollera para vivir unha vezchegado á súa xubilación. O Teatro Rosalía da Coruña acollerá o espectáculo “Lúas deOutono” que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos vén celebrandoanualmente por estas datas e que este ano xa chega á súa edición número oito. Será mañá martes día 20, ás 20:30 horas, sendo a entrada gratuíta e libre até completar oaforo.

No espectáculo deste ano, os poemas de Manuel María sentiranse a ritmo de rockinterpretados polos Diplomáticos de Montealto, grupo con máis de 25 anos depercorrido musical, con algunhas interrupcións, mais sempre desde Monte Alto, o barrioda cidade en que tamén se asentou Manuel María cando pasou a residir na nosa cidade.

Completarase a velada coa actuación do Grupo de Cámara de Santiago composto polasoprano Esperanza Mara, o piano de Miguel Vizoso e o clarinete de Marina Abuín, queinterpretarán cancións musicadas por Xosé Carlos Seráns.

O evento conta coa colaboración da Deputación e do Concello da Coruña.

Micoloxía en Cortegada e outras novas

Redacción.-

O venres 16 de setembro ás 20:30 invitámosvos á presentación da Guía micológica de la Isla de Cortegada de Saúl de la Peña Lastra. A Illa de Cortegada é un lugar cunha diversidade fúnxica excepcional na que se teñen detectado máis de 800 especies de fungos, sendo descritas varias novas especies para a ciencia. Nesta guía faise un repaso pola meirande parte das especies presentes, sendo unha obra de grande interese micolóxico e naturalista.

Por outra banda, o sábado 17 de setembro realizaremos unha saída pola Reserva da Biosfera de Terras do Miño para observar elevada biodiversidade de libélulas e cabaliños do demo existentes neste territorio. Invitámosvos a participar nesta xornada que comezará ás 11:00 na Casa das Insuas, Rábade (Lugo) e visitaremos diferentes ríos, lagoas e humidais da zona.
É necesario traer roupa e calzado de campo cómodo así como bebida e comida para o xantar.
Inscrición gratuíta e máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.

14 de set. de 2016

Novas da Rede Museística de Lugo

Redacción.-

Como cada ano, co comezo do curso escolar a Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, e a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2016 / 2017 coa pretensión de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos.
Coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron nestas actividades en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares.
Para concertar a realización de calquera das actividades que presentamos o profesorado deberá porse en contacto co departamento de didáctica do museo que lle interese.
Todas as actividades on gratuítas.
En anexo remitimos os programas dos catro museos da Rede Museística Provincial
Máis información na web www.redemuseistica.org

Educación e accesibilidade
Tamén a Rede Museística da Deputación de Lugo foi elixida colaboradora do 3º Congreso Internacional “Educación y accesibilidad en museos y patrimonio”, un evento de referencia internacional que vai ter lugar en Alicante e Villajoyosa os días 13, 14 e 15 de outubro de 2016.
O tema a tratar nesta edición do Congreso é “Accesibilidade e inclusión social no turismo de Patrimonio Cultural e Natural”.
Organizan a Deputación de Alicante a través do Museo Arqueológico de Alicante (MARQ), o concello de Villajoyosa, e a Fundación Comunidad Valencia MATQ.
Máis información: http://accesibilidad.marqalicante.com/

13 de set. de 2016

Rosalía de Castro en inglés

Redacción.-

A proxección internacional da obra de Rosalía de Castro recibe un novo impulso coa primeira edición en inglés do poemario Follas novas, que acaban de publicar a Xunta de Galicia e o selo Small Stations Press no marco da colección Galician Classics.
Traducida pola canadense Erín Moure, a obra New Leaves nace co obxectivo de contribuír a “afianzar e a espallar aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional”, asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que esta mañá lle facía entrega ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, de varios exemplares do volume na sede da casa-museo da escritora, en Padrón.

Difusión exterior da obra rosaliana
“A tradución ao inglés deste poemario é unha novidade que abordamos con entusiasmo, tanto desde Small Stations Press, editora que dirixe Jonathan Dunne, como desde a Xunta de Galicia, nesa colección conxunta de clásicos en galego que vimos facendo medrar ano tras ano, para dar a coñecer os nosos mellores escritores e escritoras fóra de Galicia”, afirmou Anxo Lorenzo, que se amosou convencido de que, “canto máis se coñeza, máis admirada e máis acollida vai ser a obra de Rosalía, de aí o interese do Goberno galego por contribuír a que o seu legado literario se difunda fóra das nosas fronteiras”.

Con New Leaves amplíase un proxecto no que se publicaron nos últimos anos outras obras de referencia da literatura galega traducidas ao inglés, como son Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma poética de Lois Pereiro; Nimbos, de Díaz Castro; e mais Cantares gallegos, que vía tamén a luz de xeito íntegro en inglés, por vez primeira, en 2013, coincidindo co 150º aniversario do poemario.

A literatura galega en inglés, na rede
Para avanzar neste obxectivo, a Secretaría Xeral de Cultura tamén está a promover iniciativas como Portic of Galician Literature, o portal web da literatura galega en inglés, no que se inclúe unha mostra de obras de referencia de diversos escritores e escritoras galegos, como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Anxos Sumai, Elena Gallego, Diego Ameixeiras, Elena Gallego, Marilar Aleixandre, Teresa Moure, Xavier Queipo etc., e que está accesible en www.galicianliterature.gal.

12 de set. de 2016

Bases do XLII Premio Modesto Figueiredo

Redacción.-

1.FINALIDADE DO PREMIO

A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de LALÍN (PONTEVEDRA) organiza o Certame Nacional Galego de Narracións Breves baixo o nome de "Premio Modesto R. Figueiredo”. Este certame organízase coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.

2.REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar todos os autores e todas as autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario.

3.TRABALLOS QUE SE PODEN PRESENTAR

Os traballos deben ter un mínimo de cinco e un máximo de trinta páxinas
mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara en follas de tamaño DIN-A4. Non obstante, o Xurado poderá reconsiderar esta base se entendese que a temática ou desenvolvemento lóxico do argumento o precisasen.

4.TEMPO E MODO DE PRESENTACIÓN

As persoas que participen deberán enviar os seus traballos por quintuplicado
sen remite, ou outra forma de identificación, antes do 18 DE NOVEMBRO de 2016 a algún destes enderezos:

FUNDACIÓN DO PADROADO DO PEDRÓN DE OURO
Apdo. de Correos,627. Santiago de Compostela

CONCELLO DE LALÍN.
Praza de Galicia,1-36500-Lalín-Pontevedra


Para a identificación das persoas premiadas ou para aquelas autoras ou aqueles autores de obras que o Xurado considere apropiadas para publicar, todos os traballos deberán engadir un sobre pechado, cos seus datos (nome, apelidos, enderezo, teléfono ou correo electrónico) e o currículo vitae se o considera oportuno. No exterior do sobre só aparecerá o título ou lema da obra.

(***) Con respecto aos traballos que o Xurado considere merecentes de
publicación poderán abrirse as plicas correspondentes para poñerse en contacto cos autores e autoras para que dean o consentimento para publicalos.

5.PREMIOS

A obra gañadora será premiada con 1000€ ( suxeito ás obrigadas retencións fiscais). Porén, se o Xurado considera de calidade outras obras, dúas delas máis poderán obter segundos premios que serán de 400 € cada un ( e asemade tamén suxeitos ás obrigadas retencións fiscais) . Ademais, o Xurado poderá recomendar a publicación daqueles traballos que así o considere (aínda, que non contarán con premio económico)(***).

(***) En todo caso, a publicación destas obras soamente será posíbel co consentimento das súas autoras ou dos seus autores.

6.XURADO E DECISIÓN

O Xurado estará composto por especialistas en crítica literaria
designados pola Fundación do Pedrón de Ouro co asesoramento e colaboración das Asociacións de Escritores ( AELG e PEN CLUBE DE ESCRITORES DE GALICIA )e do Concello de LALÍN ( PONTEVEDRA).Así, a Fundación do Pedrón de Ouro reservarase os postos de presidente/a, e secretario/a (este último con voz, pero sen voto).

(***) Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.

O Xurado reunirase na segunda quincena do mes de decembro e dará a coñecer a obra ou obras premiadas coa apertura de plicas diante dos medios de comunicación. Finalmente, ao remate da decisión do Xurado o/a secretario/a redactará a acta que asinarán todos os membros deste.

7.ENTREGA DE PREMIOS

Os premios que obteñan as obras seleccionadas entregaranse nun acto
organizado polo Concello de Lalín ( Pontevedra) en día e data que se dará a coñecer oportunamente. Os/as autores/as premiados/as terán que recoller persoalmente os seus galardóns.

8.OBXECCIÓNS E NORMAS DE INTERESE

A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro reservarase o dereito exclusivo de publicar as obras premiadas na súa primeira edición. O/a autor/a ou autores/as, ao aceptaren estas bases, renuncian voluntariamente aos seus dereitos en favor da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro.
A partir da seguinte edición, as obras son da total propiedade das súas autoras e autores, os/as cales terán a obriga de facer constar que a obra foi premiada no Premio Modesto R. Figueiredo da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro. As obras non premiadas seranlles devoltas aos seus autores e ás súas autoras se as requiren antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado. Se ninguén as require, serán destruídas.


A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro é a única entidade con
capacidade para decidir en última instancia calquera dúbida que puidese suscitar a interpretación das bases deste certame.

O feito de concursar xa obriga ás autoras e aos autores a aceptar as presentes bases deste Certame.

Día da Cultura Chairega

Redacción.-
Como cada mes de setembro por estas datas, e desde hai xa. doce anos, o Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, organiza un acto que, coa denominación xenérica de Día da Cultura Chairega, pretende lembrar ao noso gran poeta MANUEL MARÍA, doque se cumplen doce anos do seu pasamento. Desde a primeira edición, teñen pasado grupos e cantantes tan senlleiros como Milladoiro, A Quenlla, Vichelocrego, Xarín, Buxos Verdes, Uxía ou Os D’Abaixo; proxectado películas coma a do chairego Jorge Coira, “18 Comidas”; realizado recitais poéticos ou dramatizacións de obras de Manuel María; conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, etc.

Este ano 2016, o Iescha invitou a todas as persoas interesadas a asistir ao acto de homenaxe que tivo lugar onte día9 de setembro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, con entrada totalmente libre e gratuíta e que estivo conformado polas seguintes actuacións:
-BandadaMúsicadeVilalba
-CoralPolifónicaVilalbesa
-Recitalpoético“LembrandoaManuelMaría”,co acompañamento ao piano a cargo de Aurelio Fernández.

Os recitadores e os poemas de Manuel María, que foron intercalándose ao longo do acto, foron:
- FranciscoXoséRoca:Galiza
- EstrellaNaseiro:Xogos
- MartiñoMaseda:MadrigalaVilalba
- MariCarmenGómez:AVirxedosMilagresdeSaavedra
- AlfonsoBaamonde:PrantoporXosé LuisGarcíaMato
- MarisaBarreiro:DerradeirahomenaxeaCarmiñaPrietoRouco
- ManuelC.Santamariña:A Fala
- TinoAlvite:Elexíanº5
- AinéNovo:O Cuco

A presentación do acto correu a cargo de MANUEL ROCA CENDÁN.

10 de set. de 2016

Homenaxe a Manuel maría

Redacción.-

No mes de setembro, a Asociación Sociocultural Lareira de soños e o grupo Nova Poesía Guitirica NPG organizarán nhas xornadas de homenaxe a Diaz Castro e Manuel María, os dous poetas chairegos homenaxeados no 2014 e 2016 respectivamente, e que.ademáis de poetas eran amigos. O 10 de setembro unha.charla na casa habanera de Guitiriz con Armando Requeixo que falará da union personal e creativa dos dous poetas e Mercedes Queixas que.presentará o seu libro Labrego con algo de poeta sobre Mabuel María.

O sábado 17, na igrexa dos Vilares, recital da NPG acompañados polo gañador do primeiro premio Diaz Castro de poesía, Raúl Gómez Pato e a música a cargo da cantautora Sandra Tenreiro e a voz femenina de Los Satélites, Arantxa Álvarez. Os actos estarán presentados por Raúl Río e Alfonso Blanco, amigos personais dos dous poetas.

Dous interesantes actos literarios a dous dos grandes poetas chairegos...

5 de set. de 2016