Novas da Rede Museística de Lugo

Redacción.-

Como cada ano, co comezo do curso escolar a Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, e a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2016 / 2017 coa pretensión de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos.
Coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron nestas actividades en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares.
Para concertar a realización de calquera das actividades que presentamos o profesorado deberá porse en contacto co departamento de didáctica do museo que lle interese.
Todas as actividades on gratuítas.
En anexo remitimos os programas dos catro museos da Rede Museística Provincial
Máis información na web www.redemuseistica.org

Educación e accesibilidade
Tamén a Rede Museística da Deputación de Lugo foi elixida colaboradora do 3º Congreso Internacional “Educación y accesibilidad en museos y patrimonio”, un evento de referencia internacional que vai ter lugar en Alicante e Villajoyosa os días 13, 14 e 15 de outubro de 2016.
O tema a tratar nesta edición do Congreso é “Accesibilidade e inclusión social no turismo de Patrimonio Cultural e Natural”.
Organizan a Deputación de Alicante a través do Museo Arqueológico de Alicante (MARQ), o concello de Villajoyosa, e a Fundación Comunidad Valencia MATQ.
Máis información: http://accesibilidad.marqalicante.com/

13/09/2016

0 comentários :

Danos a túa opinión