Curso de construción de caixas niño

Redacción.-

O domingo 20 de novembro terá lugar un curso de construción de caixas niño para aves e refuxios para morcegos no CEN Casa das Insuas.

Primeiramente haberá unhas breves charlas para coñecer as diferentes especies que poden usar as caixas niño e refuxio e os beneficios que poden obter delas; para posteriormente construír varios modelos de caixas de construción sinxela e económica.

O programa da actividade será o seguinte:

10:00. Aves e caixas niño. Óscar Rivas - AGCT-Numenius

10:30. Morcegos e refuxios artificiais. Roberto Hermida - AGCT-Drosera

11:00-14:00. Construción e instalación de caixas. Martiño Cabana - AGCT

15 de nov. de 2016

0 comentários :

Danos a túa opinión