Entrar aos Vilares

Redacción.-

A igrexa parroquial dos Vilares, Guitiriz, convertiuse en sala de cine para a estrea local do documentario ENTRAR AOS VILARES. No acto, tomaron a palabra o presidente da Asociación Sociocultural Lareira de soños, Antón de Guizán, que produciu o filme, a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, o director de marketing de GADIS, Antonio Cortés, que colabora no proxecto dos Vilares e o director da película Cibrán Tenreiro. Ducias de vilaregos entre os que se atopaban os protagonistas do filme, autoridades locais e colaboradores, puideron ver en primicia o documentario e participar dun animado coloquio co director e o cámara Toni González que aclararon os pormenores deste traballo audiovisual.
ENTRAR AOS VILARES, ten xa varias solicitudes de proxección en distintos lugares do concello e de Galicia, o que servirá para difundir a realidade da parroquia de Diaz Castro e o proxecto Os Vilares, lareira de soños polo país como un exemplo de dignificacion do rural e a recuperación do patrimonio material e inmaterial das nosas parroquias. Máis lume para esta LAREIRA DE SOÑOS.

15 de nov. de 2016

0 comentários :

Danos a túa opinión