Día Mundial da Cruz Vermella

Redacción. -

A raíña Letizia presidirá o martes 8 de maio en Santiago de Compostela o acto central da celebración do Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella en España.

O acto terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e contará tamén coa presenza do presidente de Cruz Vermella Española, así como de personalidades públicas e representantes da organización humanitaria.

Cruz Vermella celebra un ano máis o seu Día Mundial, nesta ocasión baixo a lema 'Comprometidos coas persoas e o medio ambiente'.

A Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra será a encargada de pechar o acto,  40 compoñentes desprazásense desde a Provincia para pór o broche final á Gala.

08/05/2018

0 comentários :

Danos a túa opinión