Observación de reptiles

Redacción. -

O día 12 de maio terá lugar a Xornada de observación de anfibios e réptiles, de 10:00 a 18:00 e guiada por Martiño Cabana (AGCT-Universidade da Coruña) e saíremos desde a Casa das Insuas (Rábade). Nesta actividade preténdese achegar ós participantes á biodiversidade de anfibios e reptis existente na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, visitando algúns dos lugares máis interesantes da zona e disfrutando da observación das diferentes especies que poboan as nosas charcas, lagoas e carballeiras.

Podes obter máis información ou inscribirse na páxina web da AGCThttp://www.custodiadoterritorio.org/actividades, no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630-94.82.93 (Martiño) a través do WhatsApp ou vía telefónica.

3 de maio de 2018

0 comentários :

Danos a túa opinión